ACTUACION CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES SANITAS - 18/12/2023


Hoxe o Coro Senior ADAYEUS,  rematou a tempada de concertos nas Residencias de Maiores, coa actuación no Centro de SANITAS.

O repertorio foi o seguinte:

SIYAHAMBA

O VOSO GALO 

OS CREGOS E OS TABERNEIROS

PANDEIRADA DE VILARIÑO

VEN NIÑO VEN

DUERME NIÑO JESUS

EN LA MAS FRIA NOCHE

BLANCA NAVIDAD

GATATUMBA

A RIANXEIRA

ADESTE FIDELES 

FOTOS E VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/aKLBcpU6WwyGKi1fA




ACTUACION DO CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES ADCOR DA CORUÑA - 11/12/2023

 Hoxe o Coro Senior ADAYEUS, actuou na Residencia de Maiores, ADCOR, onde como sempre fomos recibidos con moita ledicia e agarimo. Co noso agradecemento tanto a os residentes como a os responsables do Centro, desexamoslles unhas moi Felices Festas do Nadal. 

O repertorio foi o seguinte:

SIYAHAMBA

O VOSO GALO 

OS CREGOS E OS TABERNEIROS

PANDEIRADA DE VILARIÑO

VEN NIÑO VEN

DUERME NIÑO JESUS

EN LA MAS FRIA NOCHE

BLANCA NAVIDAD

GATATUMBA

A RIANXEIRA

ADESTE FIDELES 


 FOTOS E VIDEO: https://photos.app.goo.gl/MoVnpvSRugnRmZTc7


 

ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER - A CORUÑA - 27/11/2023

 Continuamos coas  actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2023/2024. Hoxe tivo lugar  Residencia de maiores "Torrente Ballester".

O repertorio foi o seguinte:


Siyahamba

O Voso Galo Comadre

Pandeirada de Vilariño,

Duerme el Niño Jesus

Ven Niño Ven

En la mas fría noche

Blanca Navidad

Gatatumba

 

Agardamos  que o desfrutaran,  igual que nós.

 Marisa Mauriz


Fotos: https://photos.app.goo.gl/VcDjUtCehrGGxdEX7




ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES "PADRE RUBINOS" - 22/11/2023

 Hoxe comenzamos a primeira das actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2023/2024. Foi na Residencia de maiores "Padre Rubinos", onde nos recibiron como en todas,  con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos. 


O repertorio foi o seguinte:

 

Siyahamba

O Voso Galo Comadre

Pandeirada de Vilariño,

Duerme el Niño Jesus

Ven Niño Ven

En la mas fría noche

Blanca Navidad

Gatatumba

 

Agardamos  que o desfrutaran,  igual que nós.

 Marisa Mauriz

FOTO E VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/xuvoZuGngx9vtHEg9




ACTUACION NA GRADUACIÓN DA XVIII PROMOCIÓN DE GRADUADO SENIOR PO LA UNIVERSIDADE SENIOR DA UDC .- 08/06/2023


Hoxe 8 de xuño, ás 12:00 horas, reunímonos no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza, onde tivo lugar o acto de graduación da XVIII promoción de graduados da Coruña.

Este acto comezou coa intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.

O acto, este ano,  estivo presidido polo reitor, D. Julio Abalde, pola vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Dona Nancy Vázquez Veiga, e contou coa intervención da directora da Universidade Sénior, Dona Matilde García Sánchez. Tamén participaron o padriño da promoción, o profesor Juan José Galán Díaz, e o representante do alumnado da promoción, D. Ramón Pou Romay, que ademáis e o Vicepresidente da Asociación ADAYEUS, que fixo una mención especial para nosa Asociación.

A continuación, Francisco Ascón Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos titulados que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.

Francisco Ascón, foi nomeándoos por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles varios membros da Xunta Directiva de Adayeus: Antonia Barral, M. Dolores Cabrera, Ramón Pou y  María Luisa  Mauriz, que e compoñente tamén do Coro ADAYEUS, así como outra compoñente do Coro, María Nieves Sánchez Iglesias.

Despois da entrega, recibiron unha forte ovación de todos os que estaban alí.

Por último, tomou a palabra o Reitor, D. Julio Abalde, o cal dirixiu unas fermosas palabras a todos os recién Graduados, despedindose do seu posto como Reitor, o cal finaliza a finais de este ano, y desexando que pase rápido, o tempo que lle queda para poder ser alumno da Universidade Senior.

Pechou o acto o coro ADAYEUS, interpretando un tema galego: “Xa non sei Cantar”, e como  remate do acto cantaron o Himno Galego, ao tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e volvemos a poder admirar a “pintura impresionista” que nos ofrece a baía da Coruña.

Parabéns aos novos graduados.

 

ADAYEUS



  VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/4ZeaQpgqVEh39FRC7

I ENCONTRO DE COROS DOS PROGRAMAS DE MAIORES EN GALICIA - 20/05/2023

 

O sábado 20 de maio tivo lugar no Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago, o I Encontro de Coros dos Programas de Maiores de Galicia, organizado pola Asociación ADAYEUS, baixo o patrocinio de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións de Universidades Séniores). de Compostela.

Coa afluencia de numeroso público e nun marco tan especial e excepcional, o concerto comezou coa actuación da fagotista Marina García Gallego, á que seguiron a Coral Polifónica da Casa del Mar, a Coral Polifónica San Martín de Meirás (Sada) e a Coral Sénior da Asociación ADAYEUS.

Pechouse o acto, coa interpretación conxunta de todos os coros do tema “O VOSO GALO”.

Por parte de Adayeus fíxose entrega dun detalle aos directores das Corais participantes, e a Marina García Gallego.

Para rematar o encontro celebrouse unha cea na hospedería do propio Mosteiro, para todos os participantes e asistentes.

María del Carmen Sánchez

Vocal Coro Adayeus


FOTOS: https://photos.app.goo.gl/rydgQHM63jruzALFA

VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/XKt5dJkSuHxSDebG7





CONCERTO A BENEFICIO DA COCIÑA ECONÓMICA - 21/04/2023


Onte venres 21 de abril tivo lugar o Concerto a beneficio da Cociña Económica da Coruña, no Salón de Actos da E.T.S. de NAUTICA, organizada por Adayeus, e coa participación da Coral Senior de Telefónica, a coral Casa del Mar, a coral Adayeus e a coral DO LA DO DO SOL, á que tamén asistiu o presidente da Cociña Económica D. Jacinto Torres Fraga.

Na entrada do salón colocouse unha urna para recibir as doazóns que puidesen achegar os asistentes.

A asistencia de público foi moi satisfactoria, e moi participativa, ao pasar unha tarde moi agradable.

O acto foi presentado polo vicepresidente da Asociación, Ramón Pou Romay, e destituído pola presidenta, Marisa Mauriz Barreiro.

Agradecemos ás corais participantes e aos seus directores, Pablo Rico, Luisa Armesto, Raquel Rodríguez e Antón Fernández, a súa implicación no acto, e esperamos contar coa súa compañía en máis ocasións.

Dende Adayeus esperamos que vos gustara o evento.

Marisa Mauriz

Presidenta Adayeus


FOTOS Y VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/ngStHaPnbNDXTSRs5



ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA CLAUSURA DA SEMANA INTERNACIONAL DA UDC - 31/03/2023

 O pasado Venres 31 de marzo, o Coro Adayeus actuou no acto de clausura da Semana Internacional da UDC, celebrada no paraninfo da Universidade da Coruña, co seguinte repertorio:

GAUDEAMUS IGITUR

ALALA DE NOIA

HIMNO GALEGO


Fotos: https://photos.app.goo.gl/wYiVPJDXf3D2CKYQ6



ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DOMUS Vi LA CIUDAD - 15/03/2023

Hoxe celebramos a última actuación do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2022/2023. Foi na Residencia Domus Vi da Cidade Vella da Coruña, onde nos recibiron como en todas,  con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos. Ao remate do concerto, unha usuaria da residencia agasallounos cun pequeno cadro feito por ela mesma, que nos entregou con moita emoción, e que estes días colgaremos no local da nosa Asociación.

Algunhas tamén tivemos a sorte de saudar á que foi primeira alcaldesa da Coruña, Berta Tapia, que estivo alí.

O repertorio foi o seguinte:

 

Pandeirada de Vilariño,

Canto de Berce,

Os Cregos e os Taberneiros,

Alala de Noia,

O Voso Galo Comadre,

 Xa non sei cantar,

Cantando O Xote,

Siyahamba,

e finalmente A RIANXEIRA.

 

Agardamos  que o desfrutaran,  igual que nós.

 

Marisa Mauriz




ACTUACION NO CENTRO ASPACE DE SADA - 13/02/2023

Hoxe a coral Adayeus compartiu un anaco da tarde cos residentes do Centro ASPACE que todos disfrutamos, pero nestes encontros, damonos conta de que "eles" dannos mais do que nos damos ... Moitas grazas a tod@s.

O repertorio:

  • Pandeirada de Vilariño
  • Canto do Berce 
  • O Voso Galo
  • Os Cregos e os Taberneiros
  • Alala de Noia
  • Cantando "O Xote"
  • Señora Doña María (Villancico)
  • Siyahamba
  • A Rianxeira